Saturday 27 de April de 2024

Adxuntada a primeira fase da pavimentación do entorno do Cruceiro de Outeiro en Artes


O Concello de Riveira informa da adxudicación con carácter provisional unha nova actuación consistente na pavimentación do entorno do Cruceiro de Outeiro en Artes (primeiro tramo).

Trátase dunha iniciativa incluída no POS complementario. A empresa Excavaciones Nima, S.L., resultou a mellor clasificada, cunha proposta económica de 45.279,79 euros, IVE incluído. O prazo de execución é dun mes e medio.

A rúa beneficiada sitúase moi preto da igrexa parroquial de Artes e nela se atopa o cruceiro de Outeiro. O firme, moi deteriorado nalgúns puntos, está formado por aglomerado asfáltico.

Co proxecto técnico elaborado preténdese humanizar este entorno a través dunha pavimentación de pedra acorde con outras accións emprendidas nas proximidades. Con tal motivo, demolerase o pavimento actual e procederase á explanación e compactado para a posterior construción dun novo pavimento a base de 86 metros cadrado en lousas de granito abuxardado de 60x40x8 centímetros combinado con 375 metros cadrados de adoquín de granito de 20x10x8 centímetros.

Pluviais
Ademais, mellorarase a rede de pluviais existente e recreceranse as tapas de rexistro para alcanzar a cota do novo pavimento.